Use o diálogo de Preferencias do xestor de ficheiros para definir as preferencias do xestor de ficheiros Thunar
. Para abrir o diálogo de preferencias seleccione na barra de menús → , ou prema no botón no Xestor de configuración de Xfce.
O diálogo Preferencias do xestor de ficheiros divídese en catro páxinas con diferentes opcións, cada unha descrita debaixo nunha sección diferente. Basicamente pode definir preferencias nas seguintes categorías:
Configuración predeterminada para as vistas.
Configuración predeterminada do panel lateral.
Comportamento das xanelas do xestor de ficheiros.
Funcionalidades avanzadas do xestor de ficheiros.
Thunar tamén soporta un grupo das chamadas Opcións ocultas, as cales controlan varias funcionalidades avanzadas do xestor de ficheiros, pero que non están incluídas nas preferencias para que o diálogo de preferencias siga sendo simple. No ficheiro README.thunarrc
que se inclúe na distribución de Thunar descríbense con detalle todas as opcións dispoñibles.
Pode especificar unha vista predeterminada, seleccionar as opcións de ordenación e de visualización. Tamén pode especificar se se mostran ou non miniaturas para os tipos de ficheiros que o soporten.
Seleccione a vista predeterminada para os cartafoles. Cando abre unha nova xanela, mostrarase ca vista seleccionada. Pode ser a vista de iconas, a vista de lista compacta ou a vista de lista detallada. Tamén pode seleccionar aquí a Última vista activa para usar a vista que se usou na última fiestra activa.
Seleccione esta opción para listar os cartafoles antes dos ficheiros ao ordenar un cartafol.
Seleccione esta opción para mostrar miniaturas de ficheiros de imaxe e de outros ficheiros soportados. O xestor de ficheiros almacena os ficheiros das miniaturas de cada cartafol no directorio oculto .thumbnails
do directorio persoal do usuario.
Consulte « Miniaturizadores » se desexa estender a funcionalidade de miniaturas básica proporcionada por Thunar
con soporte para tipos de ficheiros adicionais.
Seleccione esta opción para situar os textos das iconas dos elementos a carón das iconas en vez debaixo delas.
Pode seleccionar as opcións de visualización do panel de atallos e o panel de árbore.
O panel lateral pode mostrar unha lista de atallos de cartafoles do sistema de ficheiros, que é o comportamento predeterminado, ou unha vista de árbore do sistema de ficheiros. Esta páxina permítelle seleccionar o tamaño das iconas dos atallos e do panel de árbore. Tamén pode especificar se se mostran ou non os emblemas.
O tamaño das iconas que se mostra neste lado vai dende Moi pequeno (16x16 píxels) a Moi grande (128x128 píxels).
Seleccione esta opción para mostrar os emblemas dos cartafoles no panel lateral. Pode asignarlle emblemas aos cartafoles co diálogo Propiedades. Seleccione un cartafol na zona principal e escolla → no menú principal, ou prema co botón dereito e seleccione no menú contextual.
Pode seleccionar o comportamento preferido para interactuar co xestor de ficheiros.
Seleccione esta opción para realizar a acción predeterminada dun elemento cando prema no elemento. Cando se selecciona esta opción, e sinala un elemento, o título do elemento aparece subraiado e este seleccionarase automaticamente despois dun breve tempo de espera.
Este tempo de espera pode configurarse debaixo da opción. Tamén pode desactivar a selección automática de elementos movendo o selector á posición da esquerda de todo.
Seleccione esta opción para realizar a acción predeterminada dun elemento cando se faga dobre clic nel, e selecionar o elemento cun único clic.
Pode controlar as funcionalidades avanzadas do navegador de ficheiros.
Escolla a acción que se debe realizar cando cambia os permisos dun cartafol no diálogo Propiedades. Pode decidir deixarlle preguntar a Thunar
cada vez que cambie os permisos dun cartafol, deixarlle aplicar por defecto os novos permisos só ao cartafol ou que tamén llos aplique de xeito recursivo a todo o contido do cartafol.
Se Thunar
se instalou con soporte para HAl e tamén se instalou o paquete thunar-volman
, poderá activar o xestor de volumes integrado. Consulte « Xestión de unidades e soportes extraíbles » para obter máis detalles sobre esta funcionalidade.